Evento: A bruxa Befana

A bruxa Befana
xoves, 29 decembro, 2022 - 18:00
Auditorio Municipal,
Padrón

A bruxa Befana

Actividade dos Bolechas integrada no programa Nadal en Rede.

Chega decembro e chegan Os Bolechas coa súa xira de Nadal, que pasará por 8 concellos da Rede de Dinamización Lingüística e levará unha convidada  moi especial, a bruxa Befana.

Os Bolechas este Nadal recibirán unha visita. Non se trata dos Reis Magos de Oriente, nin de Papá Noel, nin tan sequera do Apalpador. Tampouco chegará en camelo, como os Magos; nin en burro, como o Apalpador; nin nunha zorra tirada por renos, como Papá Noel... Ela é unha bruxa boa. Si, si, sentistes ben, moi boa, molto buona. Oístes falar de Befana, a encargada de levarlles doces e xoguetes ás nenas e nenos italianos? Pois este ano desviou o seu camiño e rematou na casa dos Bolechas. Queredes coñecela vós tamén? Pois animádevos a vir á xira de Nadal dos Bolechas, que estará este ano en oito localidades.

Descargas

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Os tres porquiños
19 de xuño
Casa Cultura