Evento: Multixogo Nadal

Multixogo Nadal
luns, 26 decembro, 2022 a luns, 2 xaneiro, 2023
Rúa Diego Bernal,
Santiago de Compostela

Multixogo Nadal

MULTIXOGO NADAL será un gran parque de atraccións de 3.500 m2 no Multiusos Fontes do Sar no que haberá actividades diversas para o público familiar.

MULTIXOGO NADAL será un gran parque de atraccións de 3.500 m2 no Multiusos Fontes do Sar no que haberá actividades diversas para o público familiar.O evento contará cunha gran tirolina de 80 metros de percorrido dende a que se atravesará dende as alturas toda a pista central do recinto en diagonal. Os asistentes poderán desfrutar todos os días de circuitos de inchables, rocódromos, piscina de bolas xigante, circuito de karts a pedais, simuladores, videoconsolas, xogos interactivos, xogos populares, actividades deportivas e obradoiros de Nadal.Amais de todas estas actividades, dispoñibles os 8 días de apertura, haberá unha programación diaria na que se sumarán actuacións, exhibicións e obradoiros especiais: concertos didácticos de cancións de Nadal, sesións de maxia, contacontos, sesión de dj infantil con campanadas, sesións de zumba, chocolatada de benvida 2023, obradoiro de robótica e exposición de modelos de Lego xogables, repostería de Nadal, actividades en inglés…
+ INFO

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola