Evento: Alfonso Sucasas. Camiño e mitoloxía

  • Sucasas. Camiño e mitoloxía
Alfonso Sucasas. Camiño e mitoloxía
venres, 2 decembro, 2022 a domingo, 30 abril, 2023
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

Alfonso Sucasas. Camiño e mitoloxía

Rememorando as exposicións que Alfonso Sucasas realizou durante o Ano Xacobeo 93, baseadas nunha serie de obras inspiradas na historia de Compostela e no Camiño de Santiago, que dan lugar a unha ampla colección integrada por debuxos e pinturas, algunhas de gran formato: o “Tríptico de Adán e Eva”, “Pecados capitais” ou “Santiago Peregrino”, propiedade da Xunta de Galicia, presentamos unha mostra que recupere ese momento do artista e contextualízalo no ano Xacobeo 22, actualizando a mensaxe.

Alfonso Sucasas estivo durante un ano envorcado na creación desas obras, nas que se inclúen bosquexos preparatorios e que finalizou en marzo do 93. O tema, foi de enorme interese para o artista e por ese motivo non chegou a abandonar nos anos seguintes ese fío argumental. Do seu taller saíron novas realizacións que fixeron que o proxecto inicial crecese. O Camiño de Santiago que vertebra a Galicia con Europa , verdadeiro eixo de integración cultural, foi abordado desde outros puntos de vista que se refiren á paisaxe, xeografía do camiño, ás xentes e peregrinos no seu camiñar cara a Compostela.

A exposición conta con 56 obras: pinturas, debuxos, bosquexos e documentos.

Sucasas. Camiño e mitoloxía

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n