Evento: Kamishibai de Nadal
Kamishibai de Nadal
venres, 23 decembro, 2022 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Kamishibai de Nadal
Contacontos a cargo de Juste Kamishibai
O teatro de papel chega cargado de historias, contos e lendas de Nadal que transportarán aos nenos e nenas ao mundo da imaxinación. Unha viaxe por culturas e países que viven o Nadal.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.