Evento: Casa Portuguesa

Casa Portuguesa
sábado, 14 xuño, 2025 a domingo, 15 xuño, 2025
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

Casa Portuguesa

Da conxugación de tres materiais – fado, diario de guerra e ensaio filosófico – que nace este espectáculo do Teatro Nacional D. Maria II

Casa Portuguesa conta a historia (ficcional) dun ex soldado da Guerra Colonial que, dialogando coas súas pantasmas, se ve confrontado coa decadencia e a transformación do ideal de casa, de familia, de país e do canon da figura paterna. Un retrato do que foi, do que é e do que poderá ser (ou non ser) a célula familiar patriarcal por excelencia, a casa, tendo como pano de fondo os acontecementos recentes da democracia portuguesa e revisitando a máis dolorosa das feridas abertas da historia do país. 
Da conxugación de tres materiais – fado, diario de guerra e ensaio filosófico – nace este espectáculo do Teatro Nacional D. Maria II
 

 
Texto e dramaturxia: Pedro PenimElenco: Carla Maciel, João Lagarto, Sandro Feliciano e Fado Bicha (Lila Tiago e João Caçador)Escenografía: Joana SousaVestiario: BéhenIluminación: Daniel Worm d’AssumpçãoDeseño de son e tema orixinal: Miguel Lucas MendesCanción final: João Caçador (música), Lila Tiago (letra), Miguel Madeira (produción)Carpintaría: Filipe DominguezGraffiti: Claúdio SenaCartel: Cristiana Morais (foto), André Barreto (asistencia), Beatriz Texugo (maquillaxe), Bárbara Lizardo (composición gráfica), R2 (deseño)Asistente de dramaturxia: Bernardo de LacerdaProdución: Teatro Nacional D. Maria II
Idade recomendada: > 14 anosDuración: 110 min (aprox.)Lingua: portugués con subtítulos Foco Memoria en escena

Máis eventos de tipo Espectáculo

A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Brincadeiras da lingua
14 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés