Evento: Camiñamos para parar. Miguelanxo Prado e Rita Sabler no Camiño de Inverno
Camiñamos para parar. Miguelanxo Prado e Rita Sabler no Camiño de Inverno
O Museo das Peregrinacións leva dende o ano 2018 colaborando co Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada a través de exposicións e outras actividades que se celebraron no centro como clases maxistrais. Estas exposicións sempre teñen como eixe temático Santiago e as Peregrinacións. Para esta nova edición tivemos a opción de renovar esta colaboración albergando a exposición “Camiñamos para parar. Miguelanxo Prado e Rita Sabler no Camiño de Inverno”. Comisariada por Gemma Sesar.
Camiñamos para parar é un proxecto que busca enfrontarnos con esa eterna frase de “como me gustaría facer o Camiño”, namentres o traballo, as responsabilidades, outras viaxes e, sobre todo, pensar que temos que reservar moitos días van deixando atrás esa idea unha e outra vez. Nesta peregrinación dáselle a volta ao concepto; o sentido do camiño é interromper a vida diaria e poñer os días diante de todo o demais. Abandónanse as supostas prioridades e os seus protagonistas colgan unha mochila co necesario para os nove días que dedicaron a percorrer o Camiño de Inverno.
Espazo do mirador do museo (terceira planta)