Evento: Kiss Experience
Kiss Experience
Kiss Experience é un show pensado para toda a familia, cheo de diversión, paixón, entrega, e grandísimas cancións de todos os tempos; revive o show en vivo de KISS, a mítica banda neoiorquina, cunha gran posta en escena, maquillaxe e vestiario, aquel espectáculo que marcou a xeracións de seguidores por máis de catro décadas.
A banda composta por experimentados músicos con anos de carreira ás súas costas non só reproduce a música, senón tamén os personaxes, a estética, os instrumentos e o son da agrupación formada por Paul Stanley, Gene Simmons, Ace Frehley e Peter Criss, nos anos 70's en Estados Unidos e isto mesmo é o que Kiss Experience recrea en cada un dos seus impactantes shows.
2022 será unha oportunidade única para gozar en directo dos grandes clásicos de KISS en compañía dos pequenos da casa. Vivir os primeiros concertos cos teus fillos, sobriños ou netos á vez que descobren unha das mellores bandas da historia do rock, será unha experiencia que nunca esquecerán.