Evento: Arte Non

Arte Non
xoves, 3 novembro, 2022 a martes, 15 novembro, 2022
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Arte Non

Exposición

Exposición da consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que integra a visión artística de 12 ilustradoras contra a violencia de xénero e aspira a xerar conciencia entre a cidadanía.

A exposición xira arredor da conceptualización da violencia de xénero, para xerar unha mirada crítica e intransixente ao respecto.

Doce artistas colaboradoras protagonizan cadanseus tótems nos que interpretan a súa visión na loita contra a violencia de xénero. Trátase de Andrea López, Candela Piñeiro, Alicia Suárez, Julia Gema, Eva Carballeira, Aurora Cascudo, Paula Cheshire, Paula Mayor, Abi Castillo, Idoia de Luxán, Lara Torres e Laura Tova.

A exposición pode verse nos dioferentes andares da Biblioteca no seu horario habitual de apertura. 

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia