Evento: De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell

De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell
venres, 21 outubro, 2022 a luns, 17 abril, 2023
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

De lugares e cousas. Colección de Arte Banco Sabadell

Exposición de 41 obras.

Por definición, un lugar é espazo determinado capaz de acoller unha cousa calquera. O que nos permite caracterizar e distinguir un lugar doutro é, precisamente, a natureza do que contén (persoas, cousas, pensamentos) e os procesos e o tempo nos que foi constituído. Memoria, identidade, pertenza ou límite son algúns dos conceptos fundamentais que ligamos aos lugares e dótanos de sentido para nós.

De lugares e cousas é unha exposición que reflexiona, a través da arte contemporáneo, sobre os símbolos, significados e sentidos cos que dotamos e construímos os lugares, e tamén sobre a relación da obra artística cos espazos que habita.

A través de 41 obras que pertencen aos fondos da Colección de Arte Banco Sabadell, De lugares e cousas trae ao Gaiás pezas dalgúns dos artistas contemporáneos e actuais máis relevantes de Galicia, España e tamén Portugal.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia