Evento: "DeMente". Fran Sieira Compañía de Danza
"DeMente". Fran Sieira Compañía de Danza
"DeMente". Fran Sieira Compañía de Danza
"DeMente" é unha obra de baile contemporáneo acompañado de música tradicional galega dirixida a adolescentes e público adulto de Fran Sieira Compañía de Danza. A peza conta cun elenco artístico de oito bailadoras e bailadores que, a través da coreografía e da música e o canto tradicional, promoven o uso da lingua galega. Nesta peza, a palabra cantada ten unha dobre función: contribúe á normalización do galego como idioma para a expresión artística e pon en valor a oralidade como patrimonio inmaterial e de transmisión interxeracional.
Ao final do espectáculo haberá coloquio entre o público e as persoas membros da compañía co obxectivo de promover o diálogo e a socialización en galego.