Evento: Redeiras. Unha profesión con historia
Redeiras. Unha profesión con historia
sábado, 3 setembro, 2022 a venres, 16 setembro, 2022
Casa das Asociacions. Estación de Cornes,
Santiago de Compostela Redeiras. Unha profesión con historia
Mostra itinerante da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao
Esta exposición fotográfica itinerante da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao pon en valor o papel das mulleres nun dos máis antigos oficios mariñeiros: a arte da reparación e da fabricación de redes.
Durante moito tempo o labor das redeiras resultaba descoñecido, pouco visible e valorado. Na actualidade, empézase a recoñecer o seu importante papel, grazas á loita das propias traballadoras pola defensa dos seus dereitos. As redeiras conforman unha comunidade artesanal que loita desde o asociacionismo, polo mantemento e sustentabilidade da cultura pesqueira e do propio medio.