Evento: Mil días en la montaña. Roxe de Sebes

Mil días en la montaña. Roxe de Sebes
xoves, 1 setembro, 2022 - 20:30
Numax,
Santiago de Compostela

Mil días en la montaña. Roxe de Sebes

Presentación do libro de Ignacio Castro Rey.

Fai xa bastantes anos, o escritor e filósofo Ignacio Castro Rey retirouse á montaña para intentar convertir en mundo un temor atávido, primixenio. Quixo despois facer unha crónica daqueles mil días e que publicou os libros de  FronteraD por primeira vez en 2016. Nesta publicación deu forma filosófica ao fío dese soño e preparalo para subsistir, aínda que xamais se cumplira. Como seguir sendo idealista, incluso romántico, e ao mesmo tempo participar nun universo social onde a Revolución se mostra imposible? O escenario onde se mantivo esta pregunta foi unha casa branca, gris e azul cravada entre montañas de herba. Esa cabaña de pedra e madeira converteuse no lugar senlleiro para desatar a madeixa do presente e ensaiar outra orientación na multitude de recordos, imaxes e ecos dispersos que viñas de atrás. A presentación terá lugar no espazo da Libraría o xoves 1 de setembro ás 20:30h da tarde, nela o escritor e filósofo Ignacio Castro estará acompañado do xeógrafo e profesor Xosé Manuel Santos Solla. A entrada é libre ata completar aforo. 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Xornada Hispanidad
21 de xuño
Museo Militar da Coruña
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde