Evento: A Quenlla

A Quenlla
venres, 19 agosto, 2022 - 22:00
Plaza Ana Pastor,
Crecente

A Quenlla

Concerto de folk.

A Quenlla é un grupo de música folk e música tradicional galega, creado no ano 1981 por varios músicos, entre os que se atopaban Mini e Mero, ex-compoñentes históricos do grupo Fuxan vos Ventos.

O proxecto da Quenlla naceu coa intención de elaborar un estilo próximo ao folk e á música tradicional galega, pero sen abandonar a temática social e reivindicativa, 2 un aspecto que Fuxan vos ventos había vindo descoidando. Á formación inicial, de só tres persoas, fóronse sumando distintos músicos, ata conseguir a decena.

As letras da Quenlla baséanse en dúas fontes: a música tradicional e os escritores galegos, sendo moi numerosas na súa discografía as adaptacións de diferentes poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Xosé Luís Méndez Ferrín, así como a inclusión nos discos de textos recitados.

  • A Quenlla- Silencios na memoria

Máis eventos de tipo Concerto

A Roda – Xira 2025
11 de agosto
Praza de España
Concerto
14 de agosto
Praza da Galicia
Concerto de Abril Dúo
14 de agosto
Campo da Feira
Ghrelo power
15 de agosto
Alameda