Evento: A Quenlla
A Quenlla
A Quenlla é un grupo de música folk e música tradicional galega, creado no ano 1981 por varios músicos, entre os que se atopaban Mini e Mero, ex-compoñentes históricos do grupo Fuxan vos Ventos.
O proxecto da Quenlla naceu coa intención de elaborar un estilo próximo ao folk e á música tradicional galega, pero sen abandonar a temática social e reivindicativa, 2 un aspecto que Fuxan vos ventos había vindo descoidando. Á formación inicial, de só tres persoas, fóronse sumando distintos músicos, ata conseguir a decena.
As letras da Quenlla baséanse en dúas fontes: a música tradicional e os escritores galegos, sendo moi numerosas na súa discografía as adaptacións de diferentes poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Xosé Luís Méndez Ferrín, así como a inclusión nos discos de textos recitados.
Máis eventos de tipo Concerto