Evento: Animaladas de cinema
Animaladas de cinema
Animaladas de cinema
Proxección da película francesa de V.V.A.A..
Animaladas de cinema é unha adaptación delirante de fábulas populares levadas á gran pantalla con sentido do humor e enxeño. Pequenas historias universais que conservan o carácter educativo orixinal e engaden creatividade e diversión. O mellor das fábulas e do cartoon nunha mesma proposta.
Animaladas de cine é un novo título da colección “El Búho del Cine", formada por programas de curtametraxes de animación que comparten un fío condutor e unha dobre vontade lúdico-didáctica. A personaxe do Búho introduce as diferentes historias dirixíndose directamente aos pequenos espectadores e xerando un vínculo con eles.
Ligazóns