Evento: Avetimología + Noites de prata + Sinapse + Eu vou comigo + Platónico, platónica
Avetimología + Noites de prata + Sinapse + Eu vou comigo + Platónico, platónica
- Curtas Sesión 2
As curtametraxes de ficción e animación finalistas na última edición dos Premios Mestre Mateo forman parte do Ciclo Mestre Mateo de Cinema Galego grazas á colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Axencia Galega das Industrias Culturais. Os traballos agrúpanse en dúas sesións, de xeito que nesta Sesión 2 proxéctanse as seguintes curtas de animación:
Avetimología
Animación. Homenaxeando a figuras literarias, artísticas e científicas, Avetimología explora a conexión entre a humanidade e a natureza.
Dirección: Xosé Zapata
Noites de prata
Animación. Unha noite como tantas outras, Lola sobe ao escenario para gañarse a vida coa súa voz. Navegando na música e guiados polos versos do bolero que entoa, veremos os eventos que a levaron a abandonar Galicia e habitar as terras que baña o Río da Prata.
Dirección: Soraya Antelo
Sinapse
Animación. Andrea, unha anciá con Alzheimer, recibe a visita da súa filla Marta na residencia na que se atopa. Durante este encontro, terá unha épica batalla na súa mente contra un monstro que simboliza a súa enfermidade.
Dirección: Carlos Cuesta
Eu vou comigo (na imaxe). Premio Mestre Mateo 2025 á mellor curtametraxe de animación.
Animación. A Elisa gústalle Martín, pero parece que Martín non se dá conta. Todos os consellos que Elisa recibe para que Martín se fixe nela pasan por cambiar non só o seu aspecto, senón quen é en realidade. Estará disposta a renunciar a ser ela mesma para conseguilo? Merecerá a pena?
Dirección: Chelo Loureiro
Platónico, platónica
Animación. Créame un título para un filme sobre o amor. Un ensaio visual e paródico que xurde a partir de cuestionar que é o amor e como o imaxina unha intelixencia artificial.
Dirección: Xacio Baño
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual