Evento: Valentina
Valentina
xoves, 25 agosto, 2022 - 21:30
Claustro do Mosteiro San Salvador de Vilanova de Lourenzá,
Lourenzá Valentina
Cine para os máis cativos
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa, que lle ensina a xogar ao xadrez e moitas cancións, anímaa sempre a perseverar: “Se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día!” Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para se converter en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia, a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?
Máis eventos do ciclo FalaRedes

13 de xullo, 16:30
Loñoá do Camiño - O Pereiro de Aguiar - Ourense

13 de xullo, 19:00
Área recreativa de Alongos - Toén - Ourense

16 de xullo, 12:00
Patio do CEIP de Pedrouzos - Brión - A Coruña