Evento: Enredada

Enredada
domingo, 13 xullo, 2025 - 16:30
Loñoá do Camiño,
O Pereiro de Aguiar

Enredada

Un monólogo de Leti da Taberna

A influencer Leti da Taberna trae ao FalaRedes o seu primeiro monólogo, en que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día. En galego e con perspectiva feminista, Enredadas enche o escenario de luz e enerxía, provocando que os espectadores se vexan identificados coas situacións que se presentan e acaben rindo de si mesmos. Esta divertida proposta escénica chegará este verán a 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Outes, Arteixo, Marín, O Porriño, Tomiño, Cambados, Betanzos, O Pereiro de Aguiar, Viana do Bolo, Muros e Marín.

Outras datas

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Castelao, un corazón á intemperie
8 de xuño, 12:30
Praza da Constitución (en caso de choiva no Auditorio Municipal) - Vilalba - Lugo
Fala, fala, falangueira
21 de xuño, 18:00
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
Mulleres, ritmo e tradición
22 de xuño, 20:00
Xardín Umbrío - Vilanova de Arousa - Pontevedra
Mulleres, ritmo e tradición
27 de xuño, 11:00
Casa da Cultura - Sandiás - Ourense