Evento: APOLLO III, AD INFINITUM

APOLLO III, AD INFINITUM
domingo, 2 abril, 2023 - 20:00
A Pousada da Galiza Imaxinaria,
Boiro

APOLLO III, AD INFINITUM

Concerto de dA Trío Narci Rodríguez

dA Trío de Narci Rodríguez encaixan o seu son dentro do Groove, do funk, hip hop, soul e música electrónica.

Despois dos anteriores EP´s publicados (REFLEXIÓNS, 2019 e INMERSIÓN NO BALEIRO CUÁNTICO, 2021), rompen o panorama musical con APOLLO III, AD INFINITUM.

ILMARTO (batería, electrónica), ZALO RODRÍGUEZ (teclas e sintetizadores) e NARCI RODRÍGUEZ (vocal, guitarras e baixos) traen en formato de cancións un crecemento  exponencial do seu concepto de música futurista. Cunha base no R&B  impresionista e enmarcado nun novo concepto de entender a  música de autor, non deixan nada por facer nesta nova entrega,  esgótanse a si mesmas  nunca viaxe especial que as levará mais alá de elas mesmas.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

Leria
17 de maio, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña
French Riviera
24 de maio, 18:30
A Pousada da Galiza Imaxinaria - Boiro - A Coruña
Ukestra do medio
24 de maio, 20:30
Laroom - Ferrol - A Coruña
MJ Pérez
24 de maio, 21:30
La Pecera - Vigo - Pontevedra