Evento: Coleccionistas - A arte feita comedia

Coleccionistas - A arte feita comedia
venres, 11 novembro, 2022 - 21:00
Auditorio Municipal Cine Alovi,
As Pontes de García Rodríguez

Coleccionistas - A arte feita comedia

Concerto a cargo de Gallaecia Eventos

‘Coleccionistas’ chegou aos teatros e auditorios de Galicia a pasada primavera con grande éxito de público.

A contrastada popularidade dos seus protagonistas, os actores Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, unida ao orixinal e particular do espectáculo, favoreceu a asistencia dun público que valorou moi positivamente a experiencia.

Porque se algo ten este espectáculo é a capacidade para sorprender: o público non conta con ser o protagonista, non conta con ter que participar e incluso guiar o desenvolvemento da obra.

Porque é o público quen escolle as obras que comentan os actores, e é o público quen axuda aos acorres a componer a historia que está detrás de cada cadro.

A capacidade de improvisación de Pereiro, Digón e Romay é, polo tanto, fundamental.

En canto á cuestión didáctica e cultura, ‘Coleccionistas’ achega a historia da arte a públicos de todas as idades dun xeito absolutamente ameno.

Todas as obras son reais e coñecidas, delas falan os actores en profundidade, e en función do interese dun maior valor didáctico do espectáculo, unha guía completa con información sobre as obras podería completar a experiencia.

Pero por suposto, ‘Coleccionistas’ é un espectáculo de humor.

Capaz de facer rir durante hora e media a un público absolutamente entregado ao enxeño de tres actores que, acompañados polo músico Cristian Leggiero, non deixan indiferente a ninguén.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O grande incendio
20 de xuño, 21:00
Teatro Principal - Ourense - Ourense
As pitas baixo a choiva
21 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Os Ourizos, o musical
28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra