Evento: Lume

Lume
martes, 16 agosto, 2022 - 22:00
Praza de Vigo,
Santiago de Compostela

Lume

Espectáculo de circo.

Lume é a terceira produción da Cía. DuKtO, un espectáculo para todos os públicos cunha escenografía dinámica, onde as luces e sombras achegan novas dimensións que se combinan con texturas e cores.
O espectáculo presenta un mundo íntimo entre os catro intérpretes, ambientado nun espazo en branco que ben podería ser un barco ou un castelo de sabas de nenos.
Un conxunto heteroxéneo de teas crea un percorrido de entrada do público por dentro do espazo escénico, que pronto transformarase e adquirirá distintas conformacións durante o espectáculo, condicionando a visión do espectador.
Os catro personaxes transitan entre o mundo de fantasía e o terreal, representando conceptos antagónicos que optan por un acto de liberdade e coraxe de poñerse en xogo. Mediante unha linguaxe escénica que se nutre do circo e compleméntase co teatro e a danza, desenvólvense as diferentes escenas, maioritariamente dúos, onde aparecen as acrobacias, malabares e trapecio. As partes grupais destacan pola investigación na técnica dos portés acrobáticos e a súa integración co trapecio.

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A xira do cuarto de século
29 de xuño
Praza do Concello
A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos