Evento: Verán no Gaiás 2022 | Circo Galaico. Títeres Alakrán
Verán no Gaiás 2022 | Circo Galaico. Títeres Alakrán
Volve o Verán no Gaiás cun feixe de actividades para gozar do bo tempo e o lecer en familia, mesturando creatividade e diversión e fomentando que nenos e nenas exploren xuntos, e en convivencia coas persoas adultas, aspectos como a creación e as artes plásticas, os contos, a música ou a imaxinación.Circo Galaico. Títeres AlakránCirco Galaico é un espectáculo de monicreques onde a maxia e o fantástico se mestura co autóctono. A cativada asombrarase e estoupará en gargalladas cos insólitos números circenses protagonizados por personaxes como Xaquín, o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista; Pedriño, o raposo malabarista; ou a cabra Ribelina, entre a moita outra fauna que poboa este circo dos prodixios.
+ INFO