Evento: Aquí non chega!
Aquí non chega!
luns, 11 xullo, 2022 a mércores, 31 agosto, 2022
Sala Rivas Briones,
Vilagarcía de Arousa Aquí non chega!
Exposición de camisetas do día da auga.
O concello prepara a exposición Aquí non chega! sobre a Festa da Auga a través das súas camisetas.
O Concello quere celebrar a volta á normalidade, tamén no eido festivo, cunha exposición que pretende ser unha reivindicación do seu evento máis coñecido e querido: a Festa da Auga, o 16 de agosto, día de San Roque. Baixo o título Aquí non chega!, un grito de guerra interxeracional, a Concellería de Cultura quere reunir o maior número posible de camisetas conmemorativas para reunilas nunha mostra na que se fará un percorrido por este evento que, con apenas 40 anos, xa se converteu nun referente nacional e mesmo internacional. A exposición poderá contemplarse durante todo o mes de agosto na sala Rivas Briones.
Ligazóns