Evento: Les Luthiers: Gran Reserva

Les Luthiers: Gran Reserva
venres, 21 outubro, 2022 a domingo, 23 outubro, 2022
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo,
Vigo

Les Luthiers: Gran Reserva

Espectáculo de humor.

Les Luthiers é un emblemático grupo de humoristas-músicos-actores que ofrece espectáculos con estilo propio, con música interpretada con instrumentos creados por eles mesmos, e nos que se mesturan diversos estilos cun humor intelixente e desternillante.

En 2017 celebraron o seu 50 aniversario, e recibiron tamén ese ano o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades, por ser «un espello crítico e un referente de liberdade na sociedade contemporánea».

Desde 2019, o grupo está formado por Jorge Maronna e Carlos López Puccio, integrantes históricos, e por Roberto Antier, Tomás Mayer Wolf, Martín Ou?Connor e Horacio Tato Turano, actuando como reemplazantes Pablo Rabinovich e Santiago Otero.

  • Les Luthiers · Perdónala

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contamaxias: maxia divertida
31 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola