Evento: Cidades no Tempo
Cidades no Tempo
CIDADES NO TEMPO é un proxecto expositivo con que pretendemos poñer en valor a identidade urbana de Galicia. Esta proposta, unha das máis complexas e ambiciosas organizadas na nosa comunidade nos últimos anos, está composta por sete mostras diferentes, unha por cada unha das principais cidades galegas. E en cada unha delas reivindícase a Galicia urbana como compoñente clave da identidade galega, cun legado que se remonta séculos na nosa historia. Así, explora a singularidade de cada unha das cidades, diferentes entre si, pero á vez fortemente conectadas.As sete mostras exhibiranse nas sedes de Afundación nas principais cidades galegas e desenvolveranse de xeito sucesivo, iniciándose o proxecto coa inauguración de «Santiago de Compostela no tempo». Unha vez clausurada en Compostela, continúa coas mostras de Ferrol, Lugo, A Coruña, Vigo, Pontevedra e finalmente Ourense, nun calendario que chega ata o 2024. A mostra ofrece unha experiencia interactiva pola cidade como espazo habitado, vivido e construído máis alá das propias trazas urbanísticas: territorios urbanos con arquitecturas, culturas, identidades visuais e narrativas singulares, e que foron conformándose no tempo.
+ INFO