Evento: Circlassica: O soño de Miliki
Circlassica: O soño de Miliki
Miliki é un neno de 7 anos que soña con ser pallaso. Unha noite escribe o seu desexo no Libro de todas as Viaxes e a súa poder é tan forte que o seu mundo énchese de luz, son e cor: acróbatas, músicos e trapecistas asolagan o seu universo.
Entre todos eles destacan Don Pepito e Don José, dous personaxes requetefinos e medio chiflados que lle axudarán a conseguir o seu ansiado nariz de pallaso, e Astracán e Tosca, os príncipes da anticomedia, que farán todo o posible por desviar ao pequeno Miliki do seu marabilloso camiño.
Circlassica é un espectáculo circense para toda a familia que pretende axudarnos a reencontrarnos con ese neno que levamos dentro e poder compartir cos máis pequenos da casa eses momentos que marcaron a nosa infancia.
Máis eventos de tipo Espectáculo