Evento: Oficios Invisibles de mulleres rurais galegas

Oficios Invisibles de mulleres rurais galegas
venres, 20 maio, 2022 a xoves, 30 xuño, 2022
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Oficios Invisibles de mulleres rurais galegas

Nova proposta do Espazo CreOu a cargo de Javier Bello

Esta nova proposta do Espazo CreOu trátase dunha exposición de esculturas de Javier Bello Souto, con formación escultórica na Escola de Arte Pablo Picasso. O autor , veciño de Ribadavia, achega coas súas obras ás representacións dos distintos oficios tradicionais reservados para as mulleres baixo un enfoque crítico e de xénero. A serie " Oficios de mulleres rurais galegas" pon en valor e visibiliza a figura da muller galega como peza fundamental e non recoñecida do sistema de producción tradicional. Reivindicando así o traballo non remunerado das mulleres.

Os oficios tradicionais que conformaban a vida doméstica naturalizaronse para as mulleres e constituían a base do desenvolvemento da vida pública reservada para os homes, polo que é preciso empoderar ás mulleres rurais dende unha visión de fortaleza e bravura, alonxada do servilismo e a resignación. Este proxecto busca enfocar a participación das mulleres no público, a pesar de que no imaxinario tradicional colectivo do rural gallego  considerase que imperou o matriarcado, cuestionar esta afirmación implica admitir a función coidadora das mulleres dentro da súa comunidade e como a aceptación destes roles cumpría e cumpre un papel socializador que as sitúa en desvantaxe no escenario público, dotado de poder simbólico e reservado para o privilexio masculino.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia