Evento: María Casares: Vivencia de infancia e mocidade 1922-1936

María Casares: Vivencia de infancia e mocidade 1922-1936
xoves, 24 marzo, 2022 a domingo, 8 maio, 2022
Casa Museo Casares Quiroga,
A Coruña

María Casares: Vivencia de infancia e mocidade 1922-1936

Exposición que intenta mostrar as principais vivencias da actirz María Casares.

Percorre a súa infancia e mocidade, desenvolvidas na Coruña e en Madrid, entre 1922, ano do seu nacemento, e 1936, cando se exilia coa súa nai a París. Para facelo emprega imaxes dela, da súa familia e dos lugares onde viviu e estudou. Van acompañadas dun fío condutor e dunhas breves palabras de María entresacadas das súas memorias, publicadas en 1980 en francés co título de "Résidente privilégiée", nas que relata os seus recordos sobre un aspecto concreto da súa vida ou familia.

Deste traballo encargáronse Xosé Manuel Alfeirán e David Carballal.

De igual xeito farase a presentación dun novo espazo expositivo na 3.ª planta da Casa Museo Casares Quiroga denominado "María Casares O Universo da rúa Panadeiras", unha homenaxe da nosa cidade á memoria da grande artista na súa casa natal.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia