Evento: Obradoiro de alimentación saudable
Obradoiro de alimentación saudable
Que almorzo?, Que podo tomar para merendar?, Que alimentos podo ofrecer en celebracións e festas para que sexan máis saudables?
Durante a infancia sentamos as bases dunha alimentación saudable. Por iso é tan importante poñer ao seu alcance alimentos saudables, variados e unha alimentación equilibrada. Este obradoiro práctico e didáctico fomenta a experimentación e o descubrimento de novos sabores a través da elaboración de receitas sinxelas e xogos.
Ideas para descubrir unha alimentación saudable, e coñecer as propiedades nutricionais de cada alimento e os beneficios que achegan para a saúde.
Duración: 75 minutos.
Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Ludoteca
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.
Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sin riscos, no marco da biblioteca.