Evento: O Son do Camiño: Boyanka Kostova
O Son do Camiño: Boyanka Kostova
O Son do Camiño: Boyanka Kostova
Concerto de trap galego.
O trap en galego e o twerking rural.
Este dúo compostelán promete leiras e desenfreo no canto de luxo. Son capaces de mesturar costumismo local ao xénero de moda, o trap.
As súas metas están claras: abrir as portas aos grupos que cantan en galego. As súas letras baséanse en elementos cotiáns, como pode ser o ColaCao.
O seu directo é unha combinación explosiva de trap e actuación de verbena, que desembocan nunha combinación perfecta para a gran variedade de público de O Son do Camiño.
Ligazóns