Evento: A Pedreira – Basal, presentación especial Letras Galegas 2025
A Pedreira – Basal, presentación especial Letras Galegas 2025
Neste concerto, enmarcado dentro da celebración das Letras Galegas 2025, A Pedreira achéganos o seu último traballo, Basal, un crisol de todos os ingredientes da música popular galega.
Unha fusión de estilos diversos, pintando a música galega desde o magma da composición con temática filosófica, política, persoal, social... nunha paleta rítmica amplísima tanto de instrumentos orgánicos como electrónicos. Estará acompañada por Lorena Cachito (batería, percusións, coros), Alejandro Vargas (teclado, sintetizadores) e Mauricio Caruso (guitarra eléctrica).
O espectáculo é unha viaxe continental entre a rave e a foliada, o clube de jazz e a discoteca dos 80, a danza tribal e os rituais espirituais. Cuba, Brasil e Galicia abrázanse combinando o rock, o jazz, a MPB e o clásico, levando todas as cancións da autora a novos lugares.
Logo da estrea en Ferrol, haberá concertos en Ames e Fisterra.
Entradas de balde en Ataquilla.com
Máis eventos de tipo Concerto