Evento: Festival Fin de Curso 2024/2025 de A Casa do Rock

Festival Fin de Curso 2024/2025 de A Casa do Rock
sábado, 7 xuño, 2025 - 12:00
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro,
Santiago de Compostela

Festival Fin de Curso 2024/2025 de A Casa do Rock

Con máis de *800 músicos e músicas en escena*, esta será a edición máis ambiciosa na historia da escola, consolidando un *novo formato de festival de fin de tempada* iniciado en 2022 que une música, formación, ...

Con máis de 800 músicos e músicas en escena, esta será a edición máis ambiciosa na historia da escola, consolidando un novo formato de festival de fin de tempada iniciado en 2022 que une música, formación, espectáculo e comunidade.
Ao longo da xornada haberá máis de 30 actuacións musicais, que se repartirán en dúas sesións (mañá e tarde), completando 4,5 horas de música en directo, coa participación de alumnado de todas as idades e unha actuación especial a cargo do profesorado da escola.
Ademais do contido artístico, o festival incluirá actividades para todas as idades:
·  Feira de artesanía local con postos de ilustración, camisetas, música e produtos feitos a man.
·  Food trucks, xogos de mesa e espazo de lecer.
·  Inchables e animación infantil durante toda a xornada.
·  Sorteos de instrumentos musicais e agasallos para o público asistente.
·  Proxección en pantalla xigante de 15 x 6 metros, con realización multicámara en directo.
 

Máis eventos de tipo Concerto

The Toasters
4 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Ariel Rot
5 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Tamara
7 de xuño
Rúa do Preguntoiro, 23
Habitación Vudú
7 de xuño
Arca da Noe