Evento: Francisco Llorens (1874-1948)

Francisco Llorens (1874-1948)
sábado, 1 xaneiro, 2022 a sábado, 31 decembro, 2022
Fundación Barrie,
A Coruña

Francisco Llorens (1874-1948)

Exposición de pintura.

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña o espazo destinado á exposición permanente Francisco Llorens. Das 27 obras que conforman esta mostra, 25 forman parte do legado de 59 obras que Eva Llorens, filla maior do pintor, doou á Fundación en 1988. Antes da súa exposición, todas as pinturas ao óleo da colección foron restauradas pola Fundación.

Con este espazo, a Fundación Barrié reafirma o seu compromiso de dedicar unha sala permanente na súa sede da Coruña a esta colección. Coa doazón efectuada en 1988, e que procede en parte do legado familiar e en parte de obras adquiridas para complementala, Eva Llorens fixo realidade a súa intención de deixar en Galicia unha mostra moi representativa da obra do seu pai.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións