Evento: La Palma. Volcán e vida
La Palma. Volcán e vida
Os volcáns son un dos fenómenos máis brutais da natureza. Responsables de desfeitas irreversibles e de vidas golpeadas para sempre. A erupción en Cume Vello (A Palma) lémbranos este carácter inclemente e devastador, pero tamén a forza determinante do ser humano para sobrepoñerse á traxedia e abrir novos escenarios de vida; o volcán como exemplo e metáfora da resiliencia dunha sociedade que, do mesmo xeito que a propia natureza, sobreponse e reconstrúese unha e outra vez tras a adversidade máis feroz.
Esta exposición pretende narrar en primeira persoa como se viviu este fenómeno desde a illa da Palma para que, desde o coñecemento, sintamos máis próximos á comunidade palmeira, o noso apoio á illa sexa máis próximo, sexamos capaces de aprender dos seus recursos emocionais e así nos reforcemos como unha sociedade máis humana, empática e solidaria.