Evento: Presentación de Cerezas sobre la muerte de Mario Obrero

Presentación de Cerezas sobre la muerte de Mario Obrero
venres, 11 marzo, 2022 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Presentación de Cerezas sobre la muerte de Mario Obrero

A cargo da Libraría Numax

A biblioteca cede o espazo á Libraría Numax para a presentación do libro de Mario Obrero Cerezas sobre la muerte, o ronsel políglota da inxustiza que inda hoxe soterra os corpos de arredor de 114.226 vítimas da barbarie franquista. Mesturando éuscaro, asturianu, català, castelán e, por suposto, galego, estas pequeñas cereixas procuran o lugar nutritivo da esperanza, o froito que non xorde baixo os asasinatos do silencio. Acompañado do editor e poeta Antón Lopo, Mario Obrero (Madrid, 2003) falará de cereixas e poesía na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela.

Mario Obrero (Madrid, 2003) comezou a escribir aos sete anos. É colaborador na RNE co programa “Un poeta en París” e autor de "Carpintería de armónicos" (XIV Premio de Poesía Nova Félix Grande; Universidade Popular José Hierro, 2018), "Ese ruido ya pájaro" (Edicións Entricíclopes, 2019), "Peachtree City" (XXXIII Premio Loewe á Creación Nova; Visor, 2021) e o recente "Cerezas sobre la muerte" (La Bella Varsovia, 2022). Sempre estudou en colexios e institutos públicos e deprendeu galego dende cativo, grazas a un dicionario azul e libros, moitos libros.

No salón de actos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde
Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira