Evento: Desertores
Desertores
Desertores foi unha banda viguesa nada no 87 na que nos atopamos con Humberto Díaz Heredia (guitarra, trompeta, voces), Juan Díaz (baixo, voces), Valerio Araújo (voz) e Miguel González (batería).
Pronto gravan unha primeira maqueta cos temas: No te volveré a buscar, El pulpo e No soy un degenerado. No ano 89 fichan por Zafiro pero o seu primeiro longo non aparece ata o ano 91 debido a problemas co nome do grupo. Mesmo se sopesa a opción de rebautizar a banda como Os 4 Desertores, comenta Emilio Alonso en "Vigo a 80 Revolucións por Minuto" (Xerais, 2012).
El Desertor (CFE, 1991) é a súa única gravación. Un disco gravado nos estudos Planta Sónica (Vigo) que conta coa produción de Sergio Castro no que colaboran Jorge Beltrán (saxo, gaita) de Moncho e Mailo Sapoconchos, Andrés Lamas (harmónica), Jorge Barros (órgano), Isabel Ventura e Luisa Carvalho (voces). O propio Sergio Castro achega guitarra e teclados.
Dez composicións con letras da poetisa Xela Arias excepto Sal de mi nube, versión do Get off my cloud dos Rolling Stones, tomada da adaptación ao castelán de Lone Star.