Evento: Desertores

Desertores
sábado, 19 febreiro, 2022 - 20:00
SalaSon,
Cangas

Desertores

Concerto de rock.

Desertores foi unha banda viguesa nada no 87 na que nos atopamos con Humberto Díaz Heredia (guitarra, trompeta, voces), Juan Díaz (baixo, voces), Valerio Araújo (voz) e Miguel González (batería).

Pronto gravan unha primeira maqueta cos temas: No te volveré a buscar, El pulpo e No soy un degenerado. No ano 89 fichan por Zafiro pero o seu primeiro longo non aparece ata o ano 91 debido a problemas co nome do grupo. Mesmo se sopesa a opción de rebautizar a banda como Os 4 Desertores, comenta Emilio Alonso en "Vigo a 80 Revolucións por Minuto" (Xerais, 2012).

El Desertor (CFE, 1991) é a súa única gravación. Un disco gravado nos estudos Planta Sónica (Vigo) que conta coa produción de Sergio Castro no que colaboran Jorge Beltrán (saxo, gaita) de Moncho e Mailo Sapoconchos, Andrés Lamas (harmónica), Jorge Barros (órgano), Isabel Ventura e Luisa Carvalho (voces). O propio Sergio Castro achega guitarra e teclados.

Dez composicións con letras da poetisa Xela Arias excepto Sal de mi nube, versión do Get off my cloud dos Rolling Stones, tomada da adaptación ao castelán de Lone Star.

  • Desertores - El desertor (Álbum completo)

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
25 de maio
Museo de Belas Artes
Coanhadeira
25 de maio
Arca da Noe
Dylan LeBlanc
28 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Festival Flamenco Riquela
29 de maio a 31 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35