Evento: Festa do Viño Albariño

Festa do Viño Albariño
mércores, 31 xullo, 2024 a domingo, 4 agosto, 2024
Plaza de Fefiñans,
Cambados

Festa do Viño Albariño

Festa de Interese Turístico

Sen dúbida, unha das citas máis importantes do calendario festivo de Galicia é a Festa do Albariño de Cambados, que recibe en cinco días arredor de 150.000 persoas. Na rúa da Calzada instálanse as casetas onde se pode degustar o viño e mercar directamente aos adegueiros, e tamén postos de comida. No ambiente festivo teñen especial relevancia as peñas, grupos de cambadeses que participan na organización da festa e que, ataviados con camisetas identificativas e o seu vaso, sempre disposto para outro viño, animan coa súa troula as rúas e os bares. Xunto cos espectáculos musicais e pirotécnicos, exposicións e competicións deportivas, a festa é aproveitada para difundir e promocionar aspectos sobre a cultura do viño e a produción do albariño, en distintos cursos, xornadas técnicas e obradoiros. Outra cara da festa é o solemne acto de nomeamento das Donas e Cabaleiros de Honra do Capítulo Serenísimo do Albariño, que ten lugar o domingo da festa na Praza do Pazo de Fefiñáns; e o ditame do certame de cata, no que se premian os tres mellores albariños. E xunto coa rúa da Calzada e a Praza de Fefiñáns, que acolle bos concertos de música, outros dos puntos neurálxicos da festa son o Parque da Alameda, onde se concentran as peñas a comer e a beber, e a Praza do Concello, onde ten lugar a verbena.

Destacado:
Percorrido pola Calzada, tomando viños nos expositores dos adegueiros.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa do Salmón
18 de maio
Varios espazos
Festa da Romaxe das Cruces
8 de xuño
Ribadeo
Festa do Peixe
13 de xuño a 15 de xuño
Bande