Evento: Romaría de Santo Hadrián

domingo, 16 xuño, 2019 (hora sen determinar)
varios espazos
, Malpica de Bergantiños

Romaría de Santo Hadrián

Os romeiros levan ao santo dende a igrexa parroquial de San Xulián de Malpica ata a capela, situada no cabo Santo Hadrián.

Dende a ermida do Santo Hadrián do Mar divísanse as illas Sisargas, un refuxio natural para as gaivotas e os corvos mariños. Esta paisaxe singular da Costa da Morte imprime a esta romaría un incentivo engadido xa que a pequena capela do século XVI está situada no cabo Santo Hadrián. Ata aquí teñen que subir os infatigables romeiros co santo aos ombros dende a igrexa parroquial de San Xulián en Malpica.

Ao amencer, tras o anuncio dos fogos e bombas de palenque, comeza un percorrido de cinco quilómetros que pasa por camiños e praias. Ao seu paso pola praia de Seaia, unha serpe tallada sobre unha pedra lembra que Santo Hadrián librou esta zona dunha terrible praga.

A maioría dos fieis van a pé, aínda que é frecuente ver romeiros a cabalo. A romaría atrae milleiros de devotos non só da Costa da Morte, senón de toda Galicia.

Nas proximidades da capela, os romeiros lávanse na fonte de augas milagreiras, moi boas para as enfermidades da pel, especialmente para as espullas. Despois colgan os panos das árbores do contorno. Durante a xornada, a capela acolle a celebración de varias misas mentres a imaxe do santo é venerada.

Non falta o polbo nin a música, e as familias gozan dunha comida campestre.

  • Romaría Santo Hadrián

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da mazá
6 de outubro
Negros
Festividade da Virxe de Guadalupe
13 de setembro a 20 de setembro
varios espazos
Romaría da Saínza
20 de setembro a 22 de setembro
Rairiz de Veiga
Festa de San Miguel e Danza das Espadas
29 de setembro
Avenida de Ourense