Evento: Romaría da Saínza

Romaría da Saínza
venres, 23 setembro, 2022 a domingo, 25 setembro, 2022
Rairiz de Veiga,
Rairiz de Veiga

Romaría da Saínza

Festa de Interese Turístico.

Na Limia, que se dicía atravesada polo mítico río do Esquecemento —interior da provincia de Ourense—, habita a tradición e certa esencia da Galicia rural agraria. Paisaxes montañosas, vixiadas por torres que disputaban mosteiros e os condes de Monterrei e de Moctezuma. Onde tamén se conta que naceu a fermosa, malograda e namorada esposa de Pedro o Cruel, Inés de Castro, raíña despois de morta. Espazos nos que, na mañá de cada domingo máis próximo ao 24 de setembro e na honra da Virxe da Mercé, avós, pais e fillos, á sombra dunha vella carballeira e o simulacro dun castelo, rememoran unha historia que non se debe repetir: as loitas medievais entre os cristiáns e os invasores mouros, os que reclaman o décimo das Cen Doncelas. Tal batalla campal, entre sermóns e cánticos, non pode rematar máis que en festa de liberación de cativos e confraternal baile, mesa ben servida, brinde, foguetes e música.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Especial Entroido Vilagarcía
18 de febreiro a 5 de marzo
Varios espazos
XIX Festa da Empanada de Millo de Salcedo
22 de maio a 24 de maio
Varios espazos
Feira Franca Medieval de Betanzos
7 de xullo a 9 de xullo
varios espazos
Feira do Butelo da Fonsagrada
11 de febreiro a 12 de febreiro
Varios espacios