Evento: Poetas galegas que escriben o que senten e saben
Poetas galegas que escriben o que senten e saben
luns, 14 febreiro, 2022 a xoves, 31 marzo, 2022
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Poetas galegas que escriben o que senten e saben
Mostra bibliográfica infantil
Nas próximas semanas temos marcadas tres datas importantes no noso calendario: o aniversario de Rosalía de Castro (23 de febreiro), o Día internacional da muller (8 de marzo) e o Día da poesía (21 de marzo).
Na sala infantil tomamos prestada unha frase de Rosalía –“porque aínda non lles é permitido ás mulleres escribir o que senten e o que saben”– para dar título a esta mostra na que reunimos unha selección de obras desas poetas galegas que, desde o século XIX ata os nosos días, elixiron engrandecer a literatura na nosa lingua.
Pode visitarse en horario de apertura da biblioteca.