Evento: Charla de Celso Castro

Charla de Celso Castro
venres, 25 febreiro, 2022 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Charla de Celso Castro

II curso "De la creación a la librería"

Charla do escritor Celso Castro como parte do ciclo de conferencias que pon fin ao II curso "De la creación a la librería". Este curso, organizado pola Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura del Ministerio de Cultura y Deporte coa colaboración de la Asociación Colegial de Escritores, ACE e o Centro Español de Derechos Reprográficos CEDRO, desenvolveuse entre o 17 de xaneiro e o 4 de febreiro e nel tratouse de ofrecer unha panorámica o máis ampla posible do proceso que leva a un libro desde o seu xerme ata que chega ás mans das lectoras e lectores e ás dos distintos actores que participan nel.

A conferencia de hoxe ofrece o relato práctico do que vimos na teoría: a experiencia do escritor. O pouso da experiencia dun autor de longa traxectoria, que nos vai contar cal é a súa visión persoal da profesión, cal foi e cal está a ser o seu tránsito por ela.

No salón de actos. As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

A charla pode verse a través da canle de Youtube do Ministerio de Cultura y Deporte: https://www.youtube.com/watch?v=CKqZbbTymFo

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal