Evento: Pensando en educación- María Teresa Fernández de la Vega

Pensando en educación- María Teresa Fernández de la Vega
luns, 31 xaneiro, 2022 - 19:30
Paraninfo da Universidade de A Coruña,
A Coruña

Pensando en educación- María Teresa Fernández de la Vega

Foro co a presidenta do Consello de Estado.

Mª Teresa Fernández de la Vega

É presidenta do Consello de Estado e fundadora e presidenta da Fundación Mujeres por África.

Desde moi novo sentiu a vocación polo servizo público, ao que se dedicou desde que terminou os seus estudos de Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Activa loitadora contra a ditadura franquista e na transición cara á democracia, hoxe é unha das poucas personalidades da política española que exerceu responsabilidades nos tres poderes do Estado: Lexislativo, Executivo e Xudicial.

Na década dos 80 entrou a formar parte do Goberno, exercendo varios cargos no Ministerio de Xustiza, entre eles o de Secretaria de Estado de Xustiza. Tras ingresar como maxistrada na carreira xudicial en 1989, formou parte do Consello Xeral do Poder Xudicial, onde se ocupou da área de formación de xuíces e maxistrados e da cooperación internacional.

Elixida deputada polo PSOE en 1996, María Teresa Fernández de la Vega fixo historia ao converterse, en 2004, na primeira muller Vicepresidenta primeira do Goberno de España, cargo que compaxinou co de Ministra da Presidencia e Portavoz do Goberno ata finais de 2010.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
20 de xuño
Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde