Evento: Clases de baile latino

Clases de baile latino
xoves, 13 xaneiro, 2022 - 20:00
SalaSon,
Cangas

Clases de baile latino

Clases de baile latino.

Dentro dos moitos ritmos latinos que existen centrámonos sobre todo en ensinar salsa e bachata. Estes dous ritmos son dos máis populares no que ao baile social refírese, son moi divertidos e teñen moita presenza nas salas de baile de todo o mundo.

Estamos especializados no ensino da salsa ao máis puro estilo cubano, incluíndo a divertida roda de casino. E en bachata facemos fusión con bastante presenza de bachata tradicional con sabor dominicano.

Ademais das clases regulares, durante o curso escolar programamos varias festas e outras actividades relacionadas co baile e a música latina, para poñer en práctica o aprendido, gozar e poder compartir con outros alumnos/as.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade
Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto
Os Bolechas e o gran reto
27 de xullo
Parque do Coto