Evento: Alén

Alén
domingo, 22 maio, 2022 - 20:30
Auditorio municipal Hernán Naval,
Ribadeo
Espectáculo a cargo da Formiga Producións Teatrais

Intérpretes: Silvia Lorenzo e  Daniel Celester

Sinopse:

Mamá acaba de morrer, e agora... que? Un velorio dos de antes nunha aldea perdida. Un gato desesperado. Un móbil que o cambia todo... e dous irmáns que, por querer facelo ben, viven situacións estrambóticas que os levarán á comedia.

O primeiro espectáculo profesional da Formiga narra a viaxe física e espiritual que realizan dous personaxes ao improvisar as exequias da súa nai, dúas personalidades moi distintas que terán que poñerse de acordo en cuestións tan básicas como que facer co cadáver.

Unha comedia negra arredor da morte na Galicia tradicional que fará rir ao espectador, deixando tamén un pouso de reflexión. Unha viaxe arredor da morte, as crenzas e a dúbida sobre o que hai máis alá que nos mostrará que o alén... é aquí.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Tromsø
16 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Cancións amarelas, flores tristes
16 de maio, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Mulleres que viven soas
16 de maio, 20:30
Casa da cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña
Cortello de Amor
16 de maio, 20:30
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña