Evento: Cancións amarelas, flores tristes

Cancións amarelas, flores tristes
venres, 16 maio, 2025 - 20:30
Teatro Jofre,
Ferrol

Cancións amarelas, flores tristes

Espectáculo teatral a cargo de Manekineko

Catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas moi diferentes, coinciden sempre no mesmo karaoke. Madrugada tras madrugada, as cancións e o alcohol mestúranse cos medos e cos problemas que os levan a refuxiarse neste lugar, onde constrúen os seus propios paraísos artificiais. Nestas noites de festa hai música, pero tamén silencio; miradas cómplices e mal intencionadas; luces de cores que iluminan o escenario e sombras trala porta do baño; copas escachadas contra o chan e brindes até o amencer; corpos suorentos, tristes e cansos que procuran outros corpos igual de suorentos, tristes e cansos; tarxetas de crédito co saldo esgotado; maquillaxe e perfumes baratos; bágoas que mollan as flores de plástico coas que se decoran as mesas; frustracións, temores... Pero, sobre todo, anhelos.

Elenco:Cris Iglesias, Fran Nogueira, María Costas e César Goldi.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Chafallas, a vendedora de fume
7 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
La maestra
8 de xuño, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
IN-CERTO
8 de xuño, 19:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Pedro e o lobo
14 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra