Evento: Esfínter. Con David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas
Esfínter. Con David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas
Esfínter. Con David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas
Tres dos cómicos máis representativos do humor galego, por sorte ou por
desgraza, traballan gran parte do ano fóra de Galicia. Esa gran aventura de
saltar fronteiras para facer rir á xente de todo o país, fai q...
Tres dos cómicos máis representativos do humor galego, por sorte ou por desgraza, traballan gran parte do ano fóra de Galicia. Esa gran aventura de saltar fronteiras para facer rir á xente de todo o país, fai que Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas, non se poidan ver a maior parte do ano. Ben, que mellor escusa para vernos, que volver a casa polo Nadal, e traballar, para facer o que máis lles gusta... ir cear.E así, coa idea de repetir todos os anos ao redor destas datas, nace un espectáculo de monólogos, onde tres dos cómicos con máis carreira do noso país, contarán as aventuras que lles suceden durante os últimos 12 meses.