Evento: Hard GZ
Hard GZ
Hard GZ volve coa súa xira GZ pt. 1 para retomar a volta aos escenarios e onde fará soar desde os seus últimos éxitos recentes, ata os clásicos do artista. Unha xira onde percorrerá pola súa carreira musical, facendo a volta máis especial aínda.Pedro Ruibal Iglesias (AKA Hard GZ), nacido en Vigo en 1995, creceu na Coruña, onde entrou en contacto co hip hop e rap. Con 14 anos montou o seu primeiro estudo caseiro e comezou a rapear na banda Urban Style Crew, onde se rodeaba tanto de DJ’s e MC’s como de grafiteros.O seu estilo caracterízase por utilizar frases e palabras comprometidas e por unha forte crítica social e referencias continuas á vida na rúa e a loita tanto persoal como da clase obreira. Dentro do musical, é duro e contundente e apóiase en bases fortes e crúas que fan saltar e mover a cabeza.
Máis eventos de tipo Concerto