Evento: O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra
O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra
xoves, 28 outubro, 2021 a domingo, 17 abril, 2022
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra
O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e
editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do
Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pas...
O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada. Trátase, por tanto, dun proxecto que nos brinda a oportunidade de reflexionar sobre o que permanece inmutable e o que se transforma, construíndo unha memoria colectiva do camiño accesible a todas e todos.
+ INFO