Evento: O castiñeiro do Apalpador

O castiñeiro do Apalpador
martes, 28 decembro, 2021 - 18:00
Auditorio do Centro Cultural Municipal,
O Porriño

O castiñeiro do Apalpador

Espectáculo de monicreques.

O castiñeiro do Apalpador é un espectáculo de monicreques e teatro baseado na lenda do Apalpador. Un ser fantástico e xigante, carboeiro de profesión, que cada ano baixa das montañas para apalparlle as barriguiñas ás nenas e nenos.

Un espectáculo orixinal e divertido que, da man do titiriteiro Ignacio Vilariño de Fantoches Baj, ofrécelle ás familias unha experiencia inesquecible para este Nadal.

O espectáculo foi seleccionado para formar parte dunha xira da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia o pasado Nadal, e deixou moitas barriguiñas e corazóns contentos.

  • Fantoches Baj 'O castiñeiro do apalpador' vídeo promo 2.020

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
28 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A Ramona pequena vai á Lúa
13 de setembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
5 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O Chow do Flow
25 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5